jueves, 11 de febrero de 2021

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O día 11 de febreiro conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia. 

Con esta conmemoración preténdese recordar o papel fundamental que tiveron e teñen as mulleres e nenas na ciencia, co obxectivo de fomentar a súa participación de xeito pleno e equitativo.

Durante anos e anos moitas mulleres foron silenciadas no ámbito científico simplemente pola súa condición de xénero, a pesares de ser claves e protagonistas en moitos achádegos e avances que se fixeron na ciencia. 

Tal é así que incluso este ano se lle quere dar especial visualización a través do lema "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID", xa que a presenza e implicación feminina son clave no coñecemento e tratamento desta pandemia.


Para saber un pouco mais acerca da muller e a nena na ciencia, así como coñecer a grandes científicas... clicade na imaxe para acceder aos recursos que vos facilitamos.

                                    

                                                                    (Preme na imaxe)






ENTROIDO, UN SENTIMENTO

 Forma parte do entroido!!

Este ano de non entroido anímate e participa cunha foto para facer un álbum.

Convírtete no protagonista deste álbum sobre o entroido tradicional.

Sentimento con Sentidiño.




jueves, 30 de octubre de 2014

O Samaín gusta máis que asusta

    O Samaín [/ˈsˠəu̯nʲ/] é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha fiesta de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.
   No Cole preparamos -coa participación de toda a comunidade educativa- unha actividade especial: a construcción dunha cidade monstruosa e a conseguinte decoración das portas das aulas e espazos desa cidade. Velaquí algunhas fotos para que vos fagades unha idea do bo traballo feito por tod@s.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d14479855k7382379o1/saman-2014
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d14479855k7382379o1/saman-2014
   E démoslle unha volta (porque a nós o Samaín non nos asusta) e aprendemos cousas "curiosas".Buscando, buscando, atopamos un morcego moi especial: un morcego galego ó que lle gustan máis os grelos que os mosquitos... E de tanto comer grelos foise poñendo... VERDE.